Pacewicz Centenario – A Movida

outubro, 2020

bannerRevistaOnline

Este é un evento repetitivo

16out19:30Pacewicz CentenarioACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30 Círculo de Empresarios de Galicia

Máis

Detalles do eventos

Desde o Instituto de Estudos Vigueses propoñen un ciclo de tres conferencias para recordar a figura deste arquitecto. A primeira o venres 16 no Círculo de Empresarios de Galicia, a cargo de Jose Antonio Martín Curty, co.fundador do Instituto e arquitecto. Será as 19.30 e levará por título En busca de Pacewicz.

A segunda será a semana seguinte, o venres 23, mesmo lugar e mesma hora, baixo a premisa de O Vigo que coñeceu Pacewicz, que neste caso correrá a cargo do historiador Antonio Giráldez, quen xa colaborou na sección Historias dunha cidade da nosa revista de febreiro de 2019. Por último, o venres 30 pechará o ciclo o historiador José Luis Mateo Álvarez con A Escola de Artes e Oficios: a influencia francesa de Pacewicz.

O 18 de decembro presentarase a reedición ampliada, corrixida e mellorada da biografía Pacewicz, arquitecto vigués, editado en 1992 polo IEV. Ademais, xa que estaremos en datas natalicias, haberá unha novidade relacionada coa iluminación. O Edificio Moderno, situado no corazón da Porta do Sol, inaugurará ese mesmo día a súa iluminación nocturna, despois de ter recibido o permiso de Patrimonio.

Hora

(Venres) 19:30

Localización

Círculo de Empresarios de Galicia

Rúa de García Barbón, 62, 36201 Vigo, Pontevedra

X