REVISTA ABRIL

Pacewicz Arquitecto Vigués

11xuñ19:00Pacewicz Arquitecto ViguésARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+02:00) Círculo de Empresarios de Galicia

Detalles do eventos

O venres, 11 de xuño, ás 19.00 h. o Círculo de Empresarios de Galicia acollerá a inauguración da exposición “ Pacewicz, Arquitecto Vigués”, organizada polo Instituto de Estudos Vigueses coa colaboración da Fundación Banco Sabadell e comisariada polo Doutor Arquitecto, José Antonio Martín Curty. A exposición poderá visitarse na sede do Círculo de Empresarios de Galicia ata o xoves 8 de xullo de 2021.
A través desta exposición, conformada por 22 paneis e a recuperación dun audiovisual sobre a súa figura, ofrécese un profundo retrato de Michel Pacewicz a través das súas obras e a súa vida privada e exponse unha visión de conxunto en termos arquitectónicos, históricos e sociolóxicos que reflicten unha época crave no crecemento da cidade de Vigo.
Durante o evento presentarase o libro recompilatorio das conferencias celebradas no mes de outubro de 2020 nas que se destacou a figura do arquitecto.

Se queres saber máis sobre a influencia Pacewizc en Vigo podes ler o artigo que Martín Curty Escribiu para a revista A Movida do pasado mes de novembro.

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Círculo de Empresarios de Galicia

Rúa de García Barbón, 62, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events