ORQUESTRA CLÁSICA

05set20:00PABLO VILACONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

Tras o descanso estival, a Asociación Cultural Évame Oroza retoma a súa actividade cun concerto do cantautor e escritor Pablo Vila, acompañado por varios artistas como Mav Alonso, Susi Delatorre, Tavo Benetti, Artu Pérez, Pedro Román, Orisel Gaspar, Franchesca d’a Silva, Salvo López e María Lado. Trátase dunha auténtica viaxe literaria e musical, unha proposta que combina palabra e música.

Pablo Vila é un artista ben coñecido na escena viguesa. A súa carreira comezou en bandas como Idem, The Lirium ou Los Jekill Salitre, ata que en 2018, coa publicación de Noches Largas decidiu emprender a súa andaina en solitario. O seu estilo musical defínese por combinar elementos do rock, pop e canción de autor, para conseguir unha voz propia, persoal e inconfundible. A súa relación coa literatura, da que dan boa fe os libros que leva publicados, é ben visible na súa faceta musical, que destaca pola calidade das letras, a un tempo agudas e reivindicativas, ás que fai brillar coa súa mestría como intérprete.

Axitador da vida cultural da cidade, destaca tamén a súa implicación na promoción e organización de diversos eventos como o micro aberto de música e poesía Vérsame, que mantén xunto ao tamén músico Pedro Román.

Hora

5 setembro, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events