BANNER CANS
BANNER GALAXIA

09mai20:00PABLO VILACONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O vindeiro venres 9 de maio ás 20:00 horas, o local da asociación Évame Oroza acollerá a actuación do músico, escritor e poeta vigués Pablo Vila. O concerto forma parte da xira de presentación do seu último disco titulado Mintiéndote a la cara, editado recentemente.

Será un directo acústico en solitario no que Vila fará un percorrido polos temas de Mintiéndote a la cara, pero tamén interpretará cancións dos seus anteriores traballos como Velas Rotas e Noches Largas.

Na presentación desta nova proposta musical tamén repasará algúns poemas e cancións que se poden atopar nas súas publicacións literarias, como son os poemarios El año lírico y El sueño y el eco. Pablo Vila é ademáis autor das novelas Os Fillos da Memoria e A Luz na Néboa, que tamén terán presenza durante o concerto.

Máis

Hora

9 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events