11out21:30PABLO UND DESTRUKTIONCONCERTOS | Desde 16,50 €21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
Pablo Und Destruktion non usa púas: usa mistos para tocar unha guitarra embadurnada en gasolina de 98 octanos. O calor que lle dá queimarse a o bonzo en
Detalles do eventos
Pablo Und Destruktion non usa púas: usa mistos para tocar unha guitarra embadurnada en gasolina de 98 octanos. O calor que lle dá queimarse a o bonzo en cada canción é unha actitude, a do artista disidente, a temperatura na que o asturiano se atopa especialmente cómodo, aínda que ao seu arredor nada estea do todo ben.
As cancións de Pablo Und Destruktion amosan un creador que transcende as súas influencias: pode beber da chanson francesa, do rock industrial alemán ou da tonada asturiana, pode ser un estudoso do folclore, pero por riba de todo é un creador inquedo, en permanente guerra contra o previsible e o estereotipado.
Un artista que sobrevive contra vento e marea nun entorno moitas veces hostil, co que se pode estar máis ou menos de acordo, pero que sempre ten algo que paga a pena escoitar. E hai moi poucos artistas así.
Despois de moitos anos sen pisar escenarios galegos, volverá a Vigo o 11 de outubro, con motivo da presentación do seu sétimo e último disco “Te quiere todo el mundo” (Raso Estudio).
Este traballo, acabado de saír do forno, representa o regreso ao mellor rexistro de Pablo Und Destruktion, que se move entre unha canción protesta que combate, precisamente, a hipocrisía de certos artistas que abandeiran a protesta actual, e un cantor que se debate entre o sarcasmo ferinte e o lirismo amoroso.
Nun momento no que quizais xa non o queira todo o mundo (ou non tanto coma cando comezou a dicir o que pensaba sobre certas cousas), celebra mesmo a vida dos seus inimigos.
Hora
11 outubro, 2025 21:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
novembro



