XERAIS

09abr20:30Pablo Sanmamed Tríoconcertos | 16,00 €20:30(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Pablo Sanmamed Trío
Xoves 9 de abril · 20:30
Entrada, 16€
Reservas: info@vitruviacafe.com, teléfono ou WhatsApp 645996690 ou en Vitruvia.

Tres músicos cun dominio absoluto do seu instrumento que escollen escoitar, construír e dicir só o necesario.

O trío liderado por Pablo Sanmamed busca desprazar lixeiramente a nosa forma de escoitar. As súas composicións apóianse nunha escrita que combina estruturas irregulares con momentos de grande claridade lírica. O resultado non é un exercicio intelectual, senón unha música que se move, respira e se transforma.

Piano, contrabaixo e batería —a formación máis recoñecible do jazz— son aquí un punto de partida. Desde aí, o grupo explora outras sonoridades, incorpora referencias diversas e constrúe un discurso propio que dialoga tanto coa tradición como co que queda fóra dela.

Hora

9 abril, 2026 20:30(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events