Pablo Lesuit

08xul18:0022:00Pablo LesuitCONCERTOS | 15,00€18:00 - 22:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

A Fundación Sales volve encherse de música ao aire libre este verán, nunha iniciativa que promete nove concertos durante xullo, agosto e setembro. As entradas, que custan entre 12 e 15€ (consumición incluída), serán individuais para cada xornada e permitirán o acceso desde as 18:00 ata o remate do concerto, que terá lugar aproximadamente entre as 20 e as 22h. Antes e despois das actuacións haberá unha sesión DJ para amenizar aos alí presentes, que poderán dar unha volta polos xardíns ou tomar algo na terraza. Todas estas xornadas musicais, agás a última do 11 de setembro, terán lugar os xoves.

PABLO LESUIT

Pablo Lesuit é un músico multi-instrumentista, cantante e compositor galego que destaca na nova escena da canción iberoamericana polo seu estilo persoal e independente. A música de Pablo non entende de fronteiras ou etiquetas; libre, viaxa por intensas paisaxes nos que a poesía das súas letras combínase con grandes doses de percusión, guitarras e samplers.

Nos últimos anos colaborou en gravacións e concertos con artistas como Jorge Drexler Eladio e Os Seres Queridos ou a arxentina Esmeralda Escalante de Aínda Dúo, e participou en grandes festivais de España e Latinoamérica.

Entre 2017 e 2018 crea Belorizonte en colaboración con Juanito El Cantor, un disco diferente, feito por curiosidade e casualidade. Detrás de cada canción hai unha historia, unha experiencia, distintas coordenadas, diferentes músicos, cambios de estado de ánimo e enerxía. Unha gran fotografía dun momento vital, unha prezada lembranza.

Máis

Hora

(Xoves) 18:00 - 22:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events