Pablo Lesuit e Tanxuguerias inician os concertos polos faros galegos
Detalles do eventos
O sábado 21 de agosto Pablo Lesuit e Tanxugueiras son os encargados de dar comezo á xira de concertos polos faros galegos ‘Concertos na Fin do Mundo’, onde
Detalles do eventos
O sábado 21 de agosto Pablo Lesuit e Tanxugueiras son os encargados de dar comezo á xira de concertos polos faros galegos ‘Concertos na Fin do Mundo’, onde a música, en harmonía co ruxir das ondas e cos sons da natureza, será a protagonista principal.
Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22, que terá lugar en catro dos máis fermosos e impresionantes faros da costa galega: Faro Silleiro, Faro de Corrubedo, Faro Punta da Barca e Faro de Sa Cibrao. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas que permitirán gozar de actuacións irrepetíbeis, fusionando patrimonio, paisaxe, cultura e música.
As entradas para Lesuit e Tanxugueiras xa están esgotadas, pero pódense mercar tickets para os seguintes concertos desde Woutick!.es
DATAS
21/08 – RUSSINHA + TANXUGUEIRAS + PABLO LESUIT – FARO SILLEIRO (BAIONA)
27/08 – RUSSINHA + DULCE PONTES + MARGARIDA MARIÑO – FARO PUNTA DA BARCA (MUXIA)
03/09 – RUSSINHA + ANXO LORENZO + LAURA LAMONTAGNE & PICO AMPERIO – FARO DE CORRUBEDO (RIBEIRA)
10/09 – RUSSINHA + MIKEL ERENTXUN + YOLY SAA – FARO DE SAN CIBRAO (CERVO)
Máis
Hora
21 agosto, 2021 20:30(GMT+02:00)
Localización
Faro Silleiro
Carretera Baiona -A Guarda, Baiona, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualsetembro
Séguenos nas redes