07feb22:30Pablo IbarburuESPECTÁCULOS | Desde 19,80 €22:30(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación
Detalles do eventos
Tras o éxito do seu primeiro monólogo, La hora de Pablo Ibaruru, que xa acada as 250.000 reproducións en YouTube, o colaborador de La Resistencia sorpréndenos agora coa
Detalles do eventos
Tras o éxito do seu primeiro monólogo, La hora de Pablo Ibaruru, que xa acada as 250.000 reproducións en YouTube, o colaborador de La Resistencia sorpréndenos agora coa estrea do seu segundo espectáculo: Chico Glamour.
Atopámonos aquí cun cómico que xamais estivo nin preto de coñecer o glamour, pero que volve con máis ganas ca nunca de facer o parvo. Este show permitirános afondar un pouco máis na súa absurda mente e descubrir algunhas cousas que non sabiamos del, como o impacto negativo que os soños tiveron na súa vida, a súa experiencia laboral previa a traballar na televisión e o tempo que lle levou aprender a comunicar os seus sentimentos.
Vén esquecer o peso opresivo das túas obrigas neste anaco de parvadas cun cómico ao que xa puideches ver en programas como La Resistencia con David Broncano, Locomundo, El Intermedio ou Yu. No te pierdas nada.
Prezo: Desde 19,80 €
Hora
7 febreiro, 2026 22:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n


