Outras miradas

26set21:0021:30Outras miradasESPECTÁCULOS | De balde21:00 - 21:30(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Outras miradas é un proxecto docu-escénico de Teatro Ensalle en coproducción co Centro Dramático Galego – Xunta de Galicia.

O proxecto consta de tres fases: recopilación de material escrito, plástico ou audiovisual; edición, disposición e creación dunha exposición do material e creación do traballo escénico para interactuar con dita exposición.
Partindo de Nuestra especie, escrita polo mestre de antropoloxía Marvin Harris, Teatro Ensalle lanzou un cuestionario a distintos creadores e cidadáns. O cuestionario é unha serie de preguntas interrelacionadas sobre política, economía, ecoloxía, educación ou existencialismo e poden ser respondidas por escrito, material audiovisual, debate aberto ou cualquera outro tipo de medio de expresión. Entre outros, os colaboradores son: Antonio Sarrió, Carlos Sarrió, Sergi Fäustino, Terrorismo de autor, AveLina Pérez, Carmen Werner, Arbey Rivera, La mirada de ellas, Criticxs Atónitxs, Cornelia Cozariuc, Andrea Montero, Familia Rey…

Máis

Hora

(Sábado) 21:00 - 21:30(GMT+02:00)