Detalles do eventos
A Galería Apo’strophe acolle a exposición colectiva Outras Brasilidades, que reúne a dezaoito artistas brasileiros de distintas xeracións e estilos. Comisariada por Mirela Luz e Raimundo Rodríguez, a
Detalles do eventos
A Galería Apo’strophe acolle a exposición colectiva Outras Brasilidades, que reúne a dezaoito artistas brasileiros de distintas xeracións e estilos. Comisariada por Mirela Luz e Raimundo Rodríguez, a mostra propón unha ollada plural sobre o Brasil contemporáneo, afastada de estereotipos e aberta ao diálogo intercultural entre as dúas beiras do Atlántico.
Artistas participantes : André de Oliveira, André Sheik, Chang Chi Chai, Felipe Barbosa, Janete Scarani, João Lord, Julio Ferreira Sekiguchi, Kakau Bezerra, Lina Zaldo, Luísa Gomes Cardoso, Mirela Luz, Neno del Castillo, Nei Caramês, Raimundo Rodríguez, Robson Martins, Rosana Ricalde, Sandra Seixas, Sonia Salcedo, Thiago Haule.
Entrada de balde.
Poderá vivitarse do 7 de agosto ao 11 de setembro no horario habitual de Apo’strophe.arte é de martes a sábado, de 18:00 a 21:00 horas. Os domingos e luns permanece pechada.
A inauguración, o venres 7 de agosto, ás 19:30h contará cunha mesa redonda titulada Cartografías da arte brasileira contemporánea, na que participan Neno del Castillo, Sonia Salcedo e Sara Pérez Bello. A mesa abordará a evolución da arte brasileira contemporánea desde os anos 90, as súas múltiples influencias culturais e a diversidade de linguaxes que configuran o panorama artístico do Brasil na actualidade.
Hora
7 agosto, 2026 18:00 - 11 setembro, 2026 21:00(GMT+02:00)
Localización
Apo'strophe Sala de Arte
Praza Francisco Fernández del Riego, 0, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


