Outono Lírico: Macbeth – A Movida

novembro, 2018

04nov19:30Outono Lírico: MacbethÓPERA | Desde 15,00€19:30 Teatro García Barbón

Máis

Detalles do evento

A acción transcorre en Escocia. Macbeth e Banquo, vitoriosos xenerais do rei Duncan sobre os rebeldes, atopan unhas bruxas que vaticinan que Macbeth será rei de Escocia e que os fillos de Banquo reinarán. A profecía faise realidade. Macbeth mata a Duncan, e pasa a gobernar no seu lugar. O delito impútase a Malcom, fillo de Duncan que foxe. Instigado pola súa muller, Macbeth mata a Banquo cuxa sombra o persegue. As bruxas dinlle que seguirá sendo rei ata que o bosque de Birnam non se achegue ao seu palacio. Isto ocorrerá porque os soldados de Malcom camuflaranse con ramas das árbores dando a sensación de que avanza cara a el un bosque enteiro. Lady Macbeth e Macbeth morrerán finalmente.

GiuseppeVerdi. Libreto de Francesco María Piave

Estreada o 14 de marzo de 1847

Macbeth.- José A. López (barítono)

Lady Macbeth.- Maribel Ortega (soprano)

Banquo.- Felipe Bou (baixo)

Macduff.- Eduardo Sandoval (tenor)

Malcolm.- Pablo Carballido (tenor)

Dama.- Mariña Penas (soprano)

Doutor.- Pedro Martínez Tapia (baixo-barítono)

Asasino.- Lucas López López (baixo)

Duncan, Fleancio, figuración (personaxes mudos)

Coro Rías Baixas (director, Bruno Díaz)

Orquestra Sinfónica Vigo 430

Dirección Musical.- Diego García Rodríguez

Director de Escena.- Ignacio García

Escenografía.- Alejandro Contreras

Vestiario.- Ana Ramos

Iluminación.- Ignacio García e Alejandro Contreras

Regiduría.- Ana Tébar

Barbería e Maquillaxe.- Ana Ramírez

Sastrería.- Maribel Martínez Soriano

Hora

(Domingo) 19:30

Lugar

Teatro García Barbón

Policarpo Sanz ,13 36202

X