CAMELIAS NADAL

Este é un evento repetitivo

Sorteos e zona gamer nun evento solidario arredor de Sonic

28dec(dec 28)16:3029(dec 29)22:00Sorteos e zona gamer nun evento solidario arredor de SonicPEQUERRECHOS | De balde16:30 - 22:00 (29)(GMT+01:00) CC Travesía de Vigo

Detalles do eventos

O centro comercial Travesía de Vigo, en colaboración co Club de Fans oficial de Sonic OURIZO TEAM e con motivo da estrea de Sonic 3, preparou unha serie de actividades os días 28 e 29 de decembro, en horario de 16:30 a 22:00 horas.

Esta iniciativa, para todos os públicos, pero sobre todo para os fans deste emblemático personaxe, instalarase na planta alta do recinto comercial cunha zona gamer, onde poder gozar dos videoxogos de SONIC e SEGA e descubrir o DLC Exclusivo do Nivel + Skin de Shadow (Película) en Sonic X Shadow Generations.

Ademais, nesta mesma zona, habilitarase un espazo onde poder doar peluches e xoguetes da saga de Sonic que posteriormente se entregarán aos nenos hospitalizados no hospital Álvaro Cunqueiro. Entre todos aqueles que colaboren coa doazón sortearanse 10 entradas de cinema en Yelmo Travesía.

Máis

Hora

28 decembro, 2024 16:30 - 29 decembro, 2024 22:00(GMT+01:00)

Localización

CC Travesía de Vigo

Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events