bannerVIALIA

22out20:00OTHELLOESPECTÁCULOS | 10,00€20:00 Auditorio Municipal do Concello

OTHELLO

A compañía de teatro contemporáneo galega Voadora presenta a súa versión de Othello dentro da programación de Vigocultura.

Hai no relato de William Shakespeare unha historia de encontro, na que unha muller europea e un home africano namoran. Porén, contra o final do texto, ela morre asasinada por el. Othello é, asemade, vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Unha mentira que, á súa vez, xorde da inseguridade e da crenza de entender, como propio, o que non se pode posuír.
#BlackLivesMatter, #NiUnaMenos, #Posverdad e #FakeNews danse cita nunha historia escrita hai máis de 400 anos, pero que hoxe en día resulta próxima no tempo: en España, desde o ano 2013 morreron 1.053 mulleres asasinadas por violencia machista. Esta nova visión constrúese coa apertura do espazo íntimo, as conversas e accións do universo feminino a través das personaxes de Desdémona, Emilia e Bianca. Utilizando a comedia como xeradora de discurso sobre a dor e a rabia, preguntámonos que podemos facer, desde o noso presente, para deter o tempo no relato. Xusto aquí: Non hai tempo, é tarde (estrangúlaa). Othello, acto VII. Deter o tempo e voltar sobre os pasos da historia para entender como chegou ata ese punto. Detelo e proporlle ao público un debate arredor da construción do xénero, a percepción dun-ha mesmo-a e as relacións, e a propia estrutura do sistema patriarcal.

Idade: Público adulto

Dirección – Marta Pazos

Texto – William Shakespeare

Versión – Fernando Epelde​

Reparto – Joaquin Abella, Ángel Burgos, Ana Esmith, Chumo Mata, Mari Paz Sayago e Hugo Torres

As entradas soltas poderán adquirirse anticipadamente sen gastos de xestión
• A través da páxina web de Giglon
• Na Librería Librouro
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio

Máis

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X