>
21mai18:00Ostras de PedraACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) CIFP Audiovisual de Vigo
Detalles do eventos
O vindeiro xoves 21 de maio, ás 18:00 horas, o CIFP Audiovisual de Vigo celebrará a décima edición da súa xa consolidada Gala ‘Ostras de Pedra’. Este
Detalles do eventos
O vindeiro xoves 21 de maio, ás 18:00 horas, o CIFP Audiovisual de Vigo celebrará a décima edición da súa xa consolidada Gala ‘Ostras de Pedra’. Este evento, organizado íntegramente polo alumnado do centro, nace co obxectivo de recoñecer o talento, a creatividade e o dominio técnico dos estudantes a través da proxección de dez documentais.
A gala contará co xornalista Alberte Mera como presentador e premiará as mellores obras nun total de oito categorías: mellor produción, mellor dirección, mellor son, mellor traballo en equipo (premio Micaela Sinde), mellor montaxe, mellor fotografía, mellor curtametraxe e mellor documental, ademais de entregar un premio de honra. Os traballos serán avaliados por un xurado composto por profesionais de recoñecido prestixio do sector audiovisual galego.
Nesta X edición, o evento dá un paso adiante cara á inclusión e á accesibilidade grazas á colaboración de entidades como a ONCE. Para facilitar a participación de todas as persoas asistentes, incorporaranse pictogramas en puntos clave do espazo, folletos en braille para persoas con discapacidade visual e auriculares de cancelación de ruído para quen presente sensibilidade auditiva.
A Gala ‘Ostras de Pedra’ reáfirmase así como un escaparate fundamental para o talento emerxente e un punto de encontro clave entre a formación educativa e o sector profesional en Galicia.
Hora
21 maio, 2026 18:00(GMT+02:00)
Localización
CIFP Audiovisual de Vigo
Rúa Eduardo Cabello s/n, 36208 Vigo, Pontevedra.
Hoxe móvese
xuño


