REVISTA FEBREIRO

Roliversario

19agoTodo o díaRoliversarioACTIVIDADES PARA O COCO | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Asociación do Casco Vello

Detalles do eventos

Que é o Roliversario?
Este é o nome do evento de xogos de rol de portas abertas Galicia Rolera organiza en Vigo, en colaboración coa Asociación Veciñal e Cultural Casco Lanuxe de Vigo. O evento é gratuíto e bilingüe (galego e castelán) e contamos con 47 partidas de rol confirmadas de diversas temáticas. Para xogar é recomendable reservar praza, pero podes vir o mesmo día e probar sorte nas mesas que aínda acepten xogadores.
O evento ocupará tres plantas do edificio da asociación Casco Lanuxe de Vigo e, ademais das propias partidas, contaremos con casetas dos artesáns roleros Eternalverse Games e Ouril Games, merchandising propio e sorteos para que te leves un recordo a casa.
Quen somos?
Galicia Rolera é unha comunidade de rol en liña bilingüe, aberta e gratuíta que naceu durante a pandemia para unificar o panorama do rol en Galicia. A súa base central é o seu servidor de Discord, no que teñen máis de 800 membros e no que se organizan partidas en liña varias veces por semana. En agosto cumprimos tres anos de actividade e, como o ano pasado, queremos celebralo organizando un evento de xogos de rol de mesa presencial na cidade de Vigo.

Nunca xoguei a rol, podo asistir igual?
O evento conta con mesas, sistemas e másteres que acompañasen a calquera persoa que queira iniciarse de maneira sinxela e divertida.

Información do evento:
Datas: sábado 19 e domingo 20 de agosto de 2023.
Horarios: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Lugar: Sede da Asociación Veciñal e Cultural Casco Lanuxe de Vigo. Cánovas del Castillo, 2.
Límite de idade: 12 anos. Os menores de 18 anos teñen que vir acompañados por un responsable maior de idade.
Número de mesas de rol: 47
Podes reservar praza nas mesas a través de: https://discord.gg/8Vde4bk2UP2

Máis

Hora

19 agosto, 2023 (Todo o día)(GMT+01:00)

Localización

Asociación do Casco Vello

Rúa Cánovas del Castillo, 2, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events