Os tesouros da Biblioteca Penzol

03dec19:00Os tesouros da Biblioteca PenzolACTIVIDADES PARA O COCO |De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

‘Os Venres da EMAO’ é unha programación semanal que ten por obxecto a difusión cultural vinculada ás especialidades que se imparten na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Cada venres non festivo, a EMAO organiza nas súas instalacións, dirixido ao alumnado e ao público en xeral, un acto cultural que permita ás persoas interesadas achegarse ás diferentes manifestacións do rico mundo das artes aplicadas e os oficios artísticos.

Nesta ocasión, Pilar Vilaboy, licenciada en filoloxía galego-portuguesa, falará sobre os tesouros da Biblioteca Penzol, unha das máis relevantes a nivel de literatura galega, manuscritos, xornais e libros antigos relacionados con Galicia.

A Biblioteca da Fundación Penzol é unha biblioteca de uso público que se atopa na cidade de Vigo. Actualmente, está considera coma unha das mellores bibliotecas en temática galega, con manuscritos, libros antigos, folletos, xornais relacionados con Galicia… Os volumes dispoñibles nela abarcan ámbitos como a historia, relixión, xeografía, pensamento, política, etnografía, literatura ou economía, así como unha importante colección cartográfica.

Máis