CASTRELOS 25

03xul21:00OS SOLPORES DA REBULLÓN: AS DARBUKAS DACOLÁFESTIVAIS E FEIRAS | Caixa inversa21:00(GMT+02:00) Centro Cultural As Pedriñas

Detalles do eventos

En xullo e agosto, regresa Os Solpores da Rebullón, un ciclo cultural que se celebrará todos os xoves nos exteriores do Centro Cultural As Pedriñas (Tameiga, Mos). Trátase dunha proposta cultural consolidada que aposta por artistas locais e un formato único: concertos ao solpor nun entorno natural e familiar. Todos os concertos serán ás 21:00 h e funcionarán con caixa inversa. A programación completa de xullo é a seguinte:

XULLO | PROGRAMACIÓN COMPLETA

  • 3 de xullo – As Darbukas Dacolá
  • 10 de xullo – Sr. Salvaje
  • 17 de xullo – Claudio H., Carlos Freire y Quim Farinha
  • 24 de xullo – Sideburn
  • 31 de xullo – Pink Porris

SOBRE AS DARBUKAS DACOLÁ

As Darbukas Dacolá son un grupo vigués con trece anos de traxectoria e dous EP no mercado. A banda propón un estilo moi definido con ritmos, bailes e melodías de Turquía, Líbano, Exipto… da man de Rubén Pastoriza, Fran Ferro, Marcia Vásconez e a bailarina Nuria Lenda Moura. O seu directo trata de levarnos a unha viaxe de coñecemento da cultura oriental a través das súas músicas e danzas, explorando tamén a fusión con ritmos e melodías tradicionais galegas e amosando a proximidade que teñen culturas aparentemente tan distantes. Aínda que actualmente teñen instrumentos melódicos e harmónicos, nas súas actuacións (voz, zanfona, handpand, piano….) o seu forte claramente son as percusións, nas que co acompañamento visual do baile ofrecen un espectáculo completo de son, movemento e cor.

Máis

Hora

3 xullo, 2025 21:00(GMT+02:00)

Localización

Centro Cultural As Pedriñas

Other Events