Os reis do swing

06xan20:00Os reis do swingACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde20:00(GMT+01:00) Simia Espacio

Detalles do eventos

Os Reis Magos non pensan voltar para Oriente sen antes pasar a botarlle uns bailes coa peña de Swing On! Haberá temazos, roscón vegano e amigo invisible.

Non é necesario participar no amigo invisible, pero se queres participar deixámosche dúas formas de facelo:

→ Xa tes claro que vas e que queres participar. Apúntate antes do 1 de xaneiro mandándonos un whatsapp (687711436) ou mensaxe a través das nosas redes. O día 2 faremos o sorteo segredo a través de unha app e recibirás un mail coa persoa a que tes que regalar. O propio 6 de xaneiro leva o regalo envolto co nome da persoa que che tocou ben grande e visible e colócao onde a xente do equipo de Swing On che indique. 

→ Non sabes ata o último día se podes ir, ou prefires fluir ata o final. Leva un regalo envolto sen nome,ao final da festa todas as persoas que leven un regalo sen nome recibirán outro regalo sen nome. Así de sinxelo.

En calquera dos casos, o regalo do amigo invisible terá un valor máximo de 5€, pero non hai mínimo, pode costar 0€ perfectamente. 

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Simia Espacio

Rúa de Alfonso XIII, 9 Vigo, Pontevedra

Other Events