Detalles do eventos
Un rancho de reis é unha agrupación musical formada, durante as festas de reis, por cantadores, danzantes e músicos, para percorrer a veciñanza pedindo o aguinaldo A diferenza doutras formacións similares,
Detalles do eventos
Un rancho de reis é unha agrupación musical formada, durante as festas de reis, por cantadores, danzantes e músicos, para percorrer a veciñanza pedindo o aguinaldo
A diferenza doutras formacións similares, como os bandos, que só cantan, ou as rondallas, que só tocan, os ranchos incorporan danzas de reis ao seu repertorio. Nestas danzas, encadradas entre as chamadas danzas brancas, empréganse arcos, castañolas, paus e fitas e os danzantes van adornados con sombreiros, xoias, colares, plumas, teas de cores, e outra indumentaria rechamante. Nalgúns lugares as danzas dos ranchos acompañan tamén as procesións relixiosas do día de reis.
Ranchos de Reis no Casco Vello:
A Asociación do Casco Vello saíu o luns 22, o martes 23 acompañando ao Apalpador, o domingo 28 de decembro e volve saír este domingo 4 de xaneiro. Partirán ás 17:00 h desde a praza Colexiata e de aí desfilarán polo Casco Vello, Elduayen, Paseo de Afonso e Príncipe; facendo varias paradas para bailar.
Hora
4 xaneiro, 2026 17:00(GMT+01:00)
Localización
Praza da Igrexa (A Colexiata)
Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xaneiro


