CANS

08mai20:00'Os Outros'ESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00) Teatro Permanente

Detalles do eventos

Unha proposta literaria e reflexiva da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso que parte dunha das frases máis célebres e analizadas da obra do filósofo Jean-Paul Sartre: ‘L’enfer c’est les Autres’ (O inferno son os outros). A través deste fío condutor, ofrécese unha coidada escolma de textos, tanto propios como alleos, que afondan na idea da alteridade para explorar como nos relacionamos co que é diferente, ben resaltando as distancias que nos separan ou ben subliñando as semellanzas que nos achegan.

O recital convida a reflexionar sobre o motivo polo que Sartre situaba o auténtico inferno precisamente aí, na presenza dese ‘outro’ que a miúdo converte o espazo compartido nun tempo de condena, xuízo ou castigo. Para manter a esencia e o contexto conceptual da obra orixinal, a sesión inclúe tamén a lectura de varios textos en lingua francesa.

Hora

8 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Permanente

Rúa Abeleira Menéndez 7, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events