OS MONOS DE LAXEIRO. Obra humorística na prensa – A Movida

xuño, 2018

22xuñ(xuñ 22)19:0016set(set 16)14:00OS MONOS DE LAXEIRO. Obra humorística na prensaEXPOSICIÓN TEMPORAL | De balde(xuño 22) 19:00 - (setembro 16) 14:00 Fundación Laxeiro

Máis

Detalles do evento

Exposición que recolle por primeira a totalidade das viñetas que Laxeiro publicou na prensa.

Trátase do primeiro traballo profesional de Laxeiro que, con tan só vinte anos, comezou, primeiro no Faro de Vigo e máis tarde en El Pueblo Gallego un labor de humorista gráfico que nunca antes se documentara e recollera na súa totalidade.

A exposición abrangue un total de corenta e nove pezas que foron reproducidas, directamente das follas dos periódicos orixinais, nun coidado proceso de fotografado, deseño e impresión que posibilita achegarse a esta faceta descoñecida de Laxeiro.

Co gallo da exposición, a editorial Laiovento edita un libro co mesmo título, que recolle a totalidade das viñetas e se completa con tres textos, a cargo de Javier Pérez Buján, Manuel Igrexas, comisario da exposición, e o periodista Félix Caballero, experto en humor gráfico galego.

A exposición estará aberta ao público do 22 de xuño ao 16 de setembro.

Horario:
De luns a vernes: de 18.00h a 21.00h.
Sábados: de 12.00h a 14.00h e de 18.00h. a 21.00h.
Domingos e festivos: de 12.00h a 14.00h.

Visitas guiadas:
previa cita: de luns a venres, de 10.00h a 14.00h e de 18.00h a 21.00h

Hora

Xuño 22 (Venres) 19:00 - Setembro 16 (Domingo) 14:00

Lugar

Fundación Laxeiro

Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

X