Os Monifates e o Apalpador

29dec12:00Os Monifates e o ApalpadorPEQUERRECHOS | De balde12:00(GMT+01:00) Praza de Independencia

Detalles do eventos

Chegou o Nadal aos Monifates!!

Un dúo cunha ampla experiencia musical que veñen co O Apalpador e os monifates para achegar toda a ilusión e a maxia a estas sinaladas datas. Formado por un músico e un artesán que se encarga da confección dos instrumentos utilizados nas actuacións.

Nacen coa filosofía de transmitir un son diverso e dinámico. Aínda que só se vexa un dúo, créase amplitude grazas á variada instrumentación que empregan: o eixo central está formado pola gaita tradicional, o bombo e a zanfona, intercalando entre as melodías outros trebellos coma o pínfano, os punteiros, ou a gaita tumbal do século XIX, ademais de diversa instrumentación de percusión como culleres, castañolas de peito, táboa de lavar…

Xoves 29 ás 12:00

Máis

Hora

(Xoves) 12:00(GMT+01:00)

Localización

Praza de Independencia

Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra

Other Events