Os Monifates e o Apalpador
29dec17:00Os Monifates e o ApalpadorPEQUERRECHOS | De balde17:00(GMT+01:00) O Calvario
Detalles do eventos
Chegou o Nadal aos Monifates!! Un dúo cunha ampla experiencia musical que veñen co O Apalpador e os monifates para achegar toda a ilusión
Detalles do eventos
Chegou o Nadal aos Monifates!!
Un dúo cunha ampla experiencia musical que veñen co O Apalpador e os monifates para achegar toda a ilusión e a maxia a estas sinaladas datas. Formado por un músico e un artesán que se encarga da confección dos instrumentos utilizados nas actuacións.
Nacen coa filosofía de transmitir un son diverso e dinámico. Aínda que só se vexa un dúo, créase amplitude grazas á variada instrumentación que empregan: o eixo central está formado pola gaita tradicional, o bombo e a zanfona, intercalando entre as melodías outros trebellos coma o pínfano, os punteiros, ou a gaita tumbal do século XIX, ademais de diversa instrumentación de percusión como culleres, castañolas de peito, táboa de lavar…
Xoves 29 ás 17:00
Máis
Hora
29 decembro, 2022 17:00(GMT+01:00)
Localización
O Calvario
Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes