Os MiniBosquinenos: Bichos – A Movida

abril, 2018

22abr16:00Os MiniBosquinenos: BichosEXCURSIÓN | Desde 9,00€16:00 Monte Aloia

Máis

Detalles do evento

TEMA DO MES: BICHOS!!
Con 6 patas, de cor azul ou marrón, con 3 ollos ou 7, con pelos ou con alas
O mundo está cheo de bichos e hai bichos de tódalas formas e cores

DESCUBRÁMOLOS !!

Tribu VIGO: Dom 22/04/18
16 a 18 h no Monte Aloia (Tui).​

ACTIVIDADES: Bichos con 6 patas ou con 8, con 4 ollos ou 7, verdes, azuis, negros, voadores ou reptadores…Hai bichos para tódolos gustos, viven rodeándonos…
Non lles teñamos medo: DESCUBRÁMOLOS ! ​

Paseiño en familia para explorar o bosque: Sairemos a descubrir o fabuloso entorno do Monte Aloia, cheo de recunchos que agochan a beleza máis pura da Natureza e onde se agochan milleiros de bichos baixo as pedras.

Obradorio Artístico: Decoraremos a nosa propia lámina debuxando nela diversos tipos de bichiños diferentes pintando con sellos feitos con patacas!

Contacontos na natureza: Para disfrutar e aprender teremos unha mini sesión de contos ao aire libre! Un conto sobre qué? Pois sobre Bichos!

Picnic: E que non falte o noso picnic campestre! sobre os nosos fermosísimos manteis de flores.​

En resumo, un día máxico, agradable e especial en familia para aprender e disfrutar do aire libre e da natureza.

Para inscribirse fai click aquí

PRAZO INSCRICIÓNS FINALIZA o XOVES 20/04 !​

¡¡¡ESTADES TODOS CONVIDADOS!!

Hora

(Domingo) 16:00

Lugar

Monte Aloia

PO-340, Tui, Pontevedra

Organizador

X