REVISTA MARZO

Saímos cos Meredeiros polo Casco Vello vigués

Onte estivemos de troula cos Merdeiros, que saíron merdear polo Casco Vello de Vigo. As risas, as mofas e o ambiente festivo foron os grandes protagonistas. Mañá martes de Entroido, sairán por derradeira vez ata o vindeiro ano.

Banner A Movidiña

O pase de diapositivas require JavaScript.

Esta personaxe típica do Entroido tradicional vigués ten a súa orixe nos mariñeiros vigueses, que nas datas de Entroido vestíanse de merdeiros para se mofar dos labregos que baixaban das aldeas veciñas a baleirar os pozos negros da cidade.

Os merdeiros visten unha máscara feita con papel e cartón de xesto feo e grotesco, pois a intención é que meta medo. Á máscara cóseselle unha cofia con la de ovella crúa para que de maior sensación de sucidade. Visten a traxe tradicional de labrego de cotío, na que predomina a cor branca. Acompáñana dun chaleco de cores negro, verde e vermello, un faxín e unhas polainas de coiro. Calzado levan uns zamancos ou uns zapatos negros. Acostuman levar a camisa por fóra e colgando do faxín unhas verzas, ambos elementos serven para ridiculizar a figura do labrego. Na man portan unha vara que lles sirve para meterse coa xente. Porque ese é o fin último de todo Merdeiro: incordiar aos viandantes!

The following two tabs change content below.

Fernando Laconde

O fotógrafo Fernando Laconde, cursou psicoloxía en Santiago de Compostela onde comezou a formarse na súa paixón, a fotografía perfilándoa coma ferramenta pedagóxica e comunicativa. Na actualidade, traballa diversas temáticas fotográficas, dende fotografía arquitectónica e de interiores ao retrato e moda, pasando pola fotografía documental sobre o leste de Europa.