bannerConfinarte
bannerSGPL

febreiro, 2020

25feballdayOs merdeirosAS NOSAS FESTAS | De balde(Todo o día: martes) Casco Vello

Máis

Detalles do evento

Os merdeiros estarán de mañá e tarde polo casco histórico facendo das súas.

O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que, sen prohibilos directamente, atacaban a súa figura. A figura do Merdeiro interprétase coma unha eterna rivalidade entre mariñeiros e labregos, entre a loita cotiá co mar e a tranquilidade do agro. Nesta ocasión o criticador era o Merdeiro (Xente da mariña) e o criticado era o Escabichairo (xente da labranza).

Durante o Entroido, os mariñeiros transformábanse en merdeiros coa intención de expresar aínda máis o seu desprezo aos labregos. Para elo acostumaban a vestirse ao xeito do escabicheiro, ridiculizando aqueles elementos do traxe e aparellos de faena máis representativos e esaxerando o seu comportamento ante a sociedade. O merdeiro acostuma a vagar de xeito improvisado polas rúas da Zona Vella, só ou en grupo, asustando á xente e proferindo palabras malsoantes. 

Hora

Todo o día (Martes)

Lugar

Casco Vello

Casco Vello, 36202 Vigo, Pontevedra

X