Os menores ante as novas tecnoloxías: beneficios e riscos – A Movida

decembro, 2018

13dec19:00Os menores ante as novas tecnoloxías: beneficios e riscosCHARLA | De balde19:00 Sede Afundación

Máis

Detalles do evento

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa desenvolvendo o seu programa Educación Século XXI, nesta ocasión coa participación do experto en seguridade e privacidade nas TIC José Torres, quen ofrecerá o relatorio «Os menores ante as novas tecnoloxías: beneficios e riscos» o vindeiro xoves 13 de decembro ás 19.00 na Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24). A asistencia é libre e gratuíta ata completar aforamento, previa inscrición.
Durante a súa carreira, José Torres dirixiu e coordinou a nivel nacional diversas operacións contra a pornografía infantil e outros ilícitos penais e acumula unha dilatada experiencia como relator en diversos foros e mesas redondas impartidos en organismos como o Ministerio de Xustiza, a Xunta de Galicia ou en concellos. Ademais, José Torres colabora co Departamento de Enxeñería Telemática da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo participando no desenvolvemento de diferentes ferramentas de detección de pornografía infantil e ciberbullying na rede. Na súa conferencia, Torres falará sobre os innumerables beneficios do uso da Internet e das TIC, pero tamén da necesidade de que pais, nais e docentes sexan conscientes dos riscos que implica o seu uso, especialmente cando se trata de colectivos tan vulnerables como os menores. Así, tratará temas como a seguridade e a protección da información nos teléfonos móbiles, a xeolocalización, a protección da intimidade, o uso das redes sociais e dos videoxogos, o ciberacoso ou a tecnoadicción.

Hora

(Xoves) 19:00

Lugar

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

X