VIALIA
bannerPicnicSesions

OS MAIOS: UNHA VIAXE POLOS MAIOS GALEGOS

08mai13:00OS MAIOS: UNHA VIAXE POLOS MAIOS GALEGOSPEQUERRECHOS | De balde13:00(GMT+02:00) Museo Liste

Detalles do eventos

‘O Maio en familia’
Festividade do ciclo de maio, de comezo da primavera e exaltación da natureza, con diferentes manifestacións, ao longo da nosa xeografía, materializadas en distintas construcións que van dende as de forma cónica ás figurativas. Percorreremos os lugares de maior tradición para analizar os seus Maios característicos e faremos referencia a outras celebracións da transición á primavera por todo o mundo.

A actividade constará de:
– Parte teórica: introdución ás festas da primavera.
– Parte práctica: elaboración de Maios no xardín que circunda o museo.

Lugar: xardíns que circundan o museo sempre que a climatoloxía o permita.

Duración aproximada: 60min.

Reserva previa a través do teléfono 986 24 46 98 ou no correo electrónico visitas@museoliste.org

Máis

Hora

(Sábado) 13:00(GMT+02:00)

Localización

Museo Liste

Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events