BannerGNight

maio, 2021

16mai12:00Os farosPEQUERRECHOS | De balde12:00 Museo do Mar

Detalles do eventos

O Museo do Mar de Galicia organiza entre o 15 e o 17 de maio unhas actividades especiais polo Día das Letras Galegas.
Todas as actividades son de balde e requiren reserva previa. A reserva farase a través do correo info.museodomar@xunta.es, indicando o nome da persoa que fai a reserva e dos acompañantes, un teléfono de contacto e a idade dos menores acompañantes. Máximo 4 persoas por reserva, excepto familias numerosas.

OS FAROS
Actividade na que descubrir como funcionan os faros e que rematará coa realización dun faro con material de refugallo.

Duración: 45 min
Idades: a partir de 6 anos

Domingo 16 ás 12:00 e ás 18:00

PROGRAMACIÓN

  • Sábado 15:
    • Coñecendo as baleas
    • Tesouros do mar
    • Visita guiada ao acuario
  • Domingo 16:
    • A boia lanzatorpedos de Sanjurjo Badía
    • Os faros
    • Visita guiada “A pesca en Galicia”
  • Luns 17:
    • EXTRA!

Máis

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

X