Os Bosquinenos: Bichos – A Movida

abril, 2018

22abr11:00Os Bosquinenos: BichosEXCURSIÓN | Desde 9,00€11:00 Monte Aloia

Máis

Detalles do evento

Os Bosquinenos- Grupo 5 a 12 anos

TEMA DO MES: Bichos!!!
Bichos de 6 patas ou con oito. Con alas, pelos ou coraza.
Con ollos simples ou compostos.

Hai unha variedade enorme de bicho no noso mundo….non lles teñamos medo: DESCUBRÁMOLOS!

Tribu de VIGO
Domingo 22 /04

Horario: 11 – 14 h.

Onde: Monte Aloia (Tui)

ACTIVIDADES:

Un encontro para aprender e explorar o pequeno e fascinante mundo dos BICHOS!!!

Hai bichos de tódolos tamaños, formas e cores posibles…

Sabíades, por exemplo, que as arañas non son insectos? ou que as moscas teñen unhas pequenas mazas ao lado das ás que lle sirven para equilibrarse no voo? Hai tantas curiosidades por descubrir…DESCUBRÁMOLAS XUNTOS!​

Paseiño en familia para explorar a Natureza:

Descubriremos o fascinante entorno natural do Monte Aloia.

Microexcursión: Por cada metro cadrado hai centos de Bichos que descubrir! Exploraremos os recunchos deste precioso entorno en busca de BICHOS!

Obradoiro:

Aprenderemos de Taxonomía dos diferentes tipos elaborando o noso propio Bicho con elementos da Natureza!! Porque non é o mesmo unha araña que un insecto!

Picnic campestre:

E non pode faltar o noso picnic campestre neste idílico entorno sobre os nosos fermosos manteis!

Para inscribirse fai click aquí.​

PRAZO INSCRICIÓNS FINALIZA O VENRES 20/04!!​

ESTADES TODOS CONVIDADOS!!

Hora

(Domingo) 11:00

Lugar

Monte Aloia

PO-340, Tui, Pontevedra

Organizador

X