REVISTA OUTUBRO

Os 3 Pés + Boroa

15abr22:00Os 3 Pés + BoroaCONCERTOS | Desde 6,00€22:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

O sábado 15 Abril ás 22:00 horas na Sala Rebullón. Entrada anticipada: 6€ Billeteira: 8€

Os Tres Pés, que son O Leo, Roberto Sobrado e Xosé Constenla, toman todo ese caldo de cultivo para lanzar a súa homenaxe. Como agrupamento heterodoxo, cada un dende o seu xeito de entender a canción de autor, son banda e intérpretes empáticos. Presentan un traballo libre de ataduras, incluso da de contentar a ninguén, mais sincero e respectuoso co que para eles significou Suso Vaamonde: tradición coma cerne do progreso, ao estilo do republicanismo de Castelao e tamén, intervención sen lindes para a expresión cultural, ao estilo do Kropotkin máis comuneiro.

Volta a Sala Rebullón o grupo folk Boroa coa presentación do seu ultimo traballo O Clasi Folk. “Do candil ao cantil” A gaita é un instrumento complexo, o cal non impide que a súa utilización popular forme parte da tradición máis antiga do noso pobo. Que é un instrumento querido,sentido como noso, pode levar, ou ten levado, ás veces, á súa infravalorización. O pobo, isto é, a clase baixa, é a que o ten como símbolo da súa cultura. Porén, non se pode negar que o seu prestixio foi medrtando cos anos, ao tempo que o poder foi “permitindo”, a súa difusión para chegar a convertilo nun “tópico”. E, neste proceso de apropiación, paradoxalmente, o seu campo de uso foise vendo limitado, reducido a espazos propios do divertimento popular. Sacala dese campo reduccionista foi tarefa de moitos intérpretes. Axeitala a outros ritmos, tamén. Devolverlle, xa que logo, unha relevancia que semellaba perdida…

Máis

Hora

15 abril, 2023 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events