BIBOPALULA

24mai22:30ORTIGACONCERTOS | Desde 16,50 €22:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Ortiga é o latin boy da escena alternativa galega e desde finais da década dos 2010 xa forma parte da cultura pop da última xeración. Chicho (Santiago de Compostela, 1994) leva desde pequeno bebendo desta cultura tan característica de Galicia. Foron moitas horas de festa, orquestras e merengue as que sentaron as bases para a existencia do proxecto. Se algunha vez fuches a unha verbena, enténdelo perfectamente. Ortiga é único, non só pola súa estética tan diferenciada, senón tamén pola exuberancia e a ampla fronte que abarca a súa expresión musical. Apaixonado da experimentación, tamén forma parte de Boyanka Kostova e Los Rastreadores. Ademais, produciu para outros artistas como Carlangas, Manu Chao, Dios Ke te Crew ou Conjunto Amistá. É, sen dúbida, a banda sonora dos estudantes de Santiago.

ENTRADAS AQUÍ

Máis