Detalles do eventos
A Orquestra Vigo 430 ofrece un broche de ouro á súa tempada ’20 aniversario’ cun concerto excepcional no Teatro Afundación. O directo terá lugar este venres 30 de
Detalles do eventos
A Orquestra Vigo 430 ofrece un broche de ouro á súa tempada ’20 aniversario’ cun concerto excepcional no Teatro Afundación. O directo terá lugar este venres 30 de maio ás 20:00 horas e leva o título “Paisaxes sonoras – De Beethoven a Tchaikovsky”.
Por motivos de saúde a violinista estadounidense Nancy Zhou non poderá viaxar a Vigo, polo que a promesa internacional moldova Alexandra Tirsu – gañadora do 3º premio e do premio do público no prestixioso Concurso ARD de Múnic – será a solista nesta última cita conducida pola directora asociada da formación viguesa Isabel Rubio.
Programa:
Tres obras formarán o programa desta viaxe sonora que pechará a tempada ‘20º aniversario’ da Orquestra Vigo 430. “Tres obras, tres séculos, tres formas de entender a música como espello da condición humana”, explica Javier Escobar, director artístico da formación. A viaxe emocional terá o seguinte programa:
- Paisaxe do duelo: “Dona Nobis Pacem” (Juan Durán) – Unha peza contemporánea galega que transforma a dor en arte.
- Paisaxe de paixón: Concerto para violín en Re maior de Tchaikovsky – Interpretado pola virtuosa Alexandra Tirsu, que toca un Stradivari de 1717, reflicte o conflito entre a fraxilidade e a forza.Paisaxe da transcendencia: Sinfonía nº6 “Pastoral” de Beethoven –
Unha celebración da natureza e a paz.A batuta estará na man de Isabel Rubio, unha das directoras máis destacadas
da escena musical española actualmente e directora asociada da formación viguesa. As entradas están á venda na plataforma Ataquilla.
Hora
30 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n


