REVISTA FEBREIRO

ORQUESTRA VIGO 430: 'ECOS DE VIENA – O ESPLENDOR MOZARTIANO'

24xan20:00ORQUESTRA VIGO 430: 'ECOS DE VIENA – O ESPLENDOR MOZARTIANO'CONCERTOS | Desde 16,50 €20:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A Orquestra Vigo 430 comeza a tempada do seu 20 aniversario este venres 24 de xaneiro cun concerto monográfico de Wolfgang Amadeus Mozart. A destacada pianista Anastasia Makhamendrikova e o experto director Aarón Zapico serán os convidados para o primeiro directo de 2025. Podes mercar aquí as túas entradas.

Un concerto que mestura unha das obras máis fermosas xamais escritas para piano cunha sinfonía enérxica e sofisticada. E todo composto por Wolfgang Amadeus Mozart. Así será a estrea da nova tempada da Orquestra Vigo 430, que terá lugar este venres 24 de xaneiro, na cal a formación viguesa celebra o seu 20 aniversario. Como non podería ser doutro xeito, para esta grande ocasión, a agrupación fará resoar a súa calidade musical nun dos espazos culturais máis icónicos da cidade olívica, o teatro García Barbón.

Baixo o título Ecos de Viena: o esplendor mozartiano, este concerto-celebración da Vigo 430 contará con dous convidados de honra para a ocasión: o director Aarón Zapico e a pianista Anastasia Makhamendrikova. Xunto coa formación viguesa interpretarán no teatro García Barbón a partir das 20:00 h deste venres as obras mozartianas ‘Concerto para piano no21’ e ‘Sinfonía nº 38, Praga’.

Este programa constitúe unha celebración da xenialidade de Mozart e estará dirixido por un especialista no repertorio barroco e clásico como é Zapico. Ademais, contará como solista a Makhamendrikova, quen leva actuando sobre os escenarios dende os 11 anos e é unha das músicas máis cualificadas para interpretar esta obra. O ‘Concerto para piano no 21’ é unha obra moi querida e amplamente recoñecida, especialmente polo seu segundo momento. Este é coñecido popularmente como “o tema de Elvira Madigan” debido ao seu uso na banda sonora da película homónima. Con respecto á ‘Sinfonía no38’, esta destaca pola súa estrutura inusitada, xa que carece dun movemento de minueto, e supón un exemplo perfecto do equilibro entre a complexidade formal e a accesibilidade emocional que caracteriza a obra de Mozart. ‘Praga’ é unhas das obras que o consolidou como un dos compositores máis universais da historia.

Máis

Hora

24 xaneiro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events