Concerto da Orquestra infantil Son das flores no Conservatorio Superior
Detalles do eventos
A ORQUESTRA INFANTIL ‘SON DAS FLORES’ DO CEIP VICENTE RISCO DE TEIS DA UN CONCERTO NO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO Son das Flores é
Detalles do eventos
A ORQUESTRA INFANTIL ‘SON DAS FLORES’ DO CEIP VICENTE RISCO DE TEIS DA UN CONCERTO NO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO
Son das Flores é un proxecto musical, social e pedagóxico que se iniciou en outubro de 2021 no colexio Vicente Risco de Vigo. A través desta iniciativa, creouse unha orquestra na que os nenos e nenas poden aproveitar os beneficios que lles aporta a música e o traballo en equipo, mellorando a súa capacidade intelectual, a concentración ou a atención.
A orquestra está constituída por máis de 40 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e 14 nacionalidades. O colexio Vicente Risco atópase nun dos barrios máis desfavorecidos de Vigo, o Barrio das Flores, en Teis. Entre o alumnado deste centro hai nenos e nenas en situación de vulnerabilidade social. Por este motivo e dado este contexto, creouse este proxecto como espazo de ocio educativo e saudable.
O concerto que a Orquestra Son das Flores ofrecerá no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo permitiranos desfrutar coa música á vez que coñecemos unha iniciativa que é absolutamente pioneira en Galicia.
Máis
Hora
1 xuño, 2023 20:30(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualoutubro
Séguenos nas redes