UNDERFEST

23out20:00Orquestra Sinfónica de GaliciaCONCERTOS | Desde 13,30 €20:00(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A Tempada de Abonos de Clásica volve ao Teatro Afundacióno 23 de outubro cun concerto da Sinfónica de Galicia no que levará a batuta o seu director principal, Roberto González-Monjas. O programa está composto polas composicións Ma mère l’oye, de Maurice Ravel, e o Concerto para violín nº 2 en re maior K.211 de Wolfgang Amadeus Mozart. González-Monjas, tamén violinista, actuará ademais coma solista.

A Sinfónica de Galicia chega a Vigo poucos días despois do inicio da súa segunda tempada con González-Monjas coma director principal. O músico vallisoletano é unha das figuras en auxe do panorama español da clásica. Compaxina o seu labor á fronte da OSG coas direccións da Mozarteumorchester Salzburg e o Musikkollegium Winterthur (Suíza), a Orquestra Nacional de Bélxica, e é director musical da Orquestra Iberacademy (Colombia) e director honorario da Dalasinfoniettan (Suecia).

O público que non dispoña de abono pode mercar entradas individuais para o concerto en Ataquilla.com.

Hora

23 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events