CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Orquestra Kv2211

23xuñ12:00Orquestra Kv2211CONCERTOS | De balde12:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211 festexa o Día Europeo da Música, –que oficialmente é o 21 de xuño–, cun concerto no Auditorio do Concello de Vigo, o domingo 23 de xuño ás 12 horas e que conta coa colaboración do Concello de Vigo. Neste tradicional concerto de verán actuará a Orquestra Infantil, dirixida por Raquel Fernández, e a Orquestra Xuvenil que, nesta ocasión, ten como director convidado a Ernesto Díaz, e que interpretará un repertorio baseado na música cubana, cheo de ritmos e adaptado para orquestra de cordas.

O mestre convidado da OXErnesto Díaz Vega, pon en valor o gran traballo realizado por estes mozos e mozas para interpretar un repertorio de gran dificultade. “A música cubana destaca polos ritmos e neste caso, o repertorio ten o reto de que ditos ritmos foron incluídos na Orquestra de Cordas. O mestre Guido López-Gavilán, autor dalgunha das pezas que imos interpretar foi quen de integrar a música tradicional neste tipo de agrupacións; é a parte máis destacada e difícil do repertorio”, explica o director convidado da OX, Ernesto Díaz.

Pola súa banda, a Orquestra Infantil da Kv2211, baixo a dirección de Raquel Fernández, abrirá o concerto, cun repertorio ameno e divertido enfocado aos máis cativos e a un público familiar.

Este concerto polo Día Europeo da Música da Orquestra Infantil e XuvenilKv2211, forma parte da programación musical da Orquestra que conta coa colaboración do Concello de Vigo.

O próximo concerto terá lugar o luns 24 de xuño. A Orquestra Infantil e o Ensemble de Chelos da Kv2211 actuarán na Porta do Sol no marco do “Tac! Festival” que se está a festexar ata o mes de xullo con diversas actuacións.

Máis

Hora

23 xuño, 2024 12:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events