
26out20:00Orquesta Sinfónica de GaliciaCONCERTOS | 11,70€20:00(GMT+02:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa coa súa Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo que se desenvolverá ata
Detalles do eventos
Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa coa súa Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo que se desenvolverá ata decembro no Teatro Afundación de Vigo. Continuará a tempada a
Orquesta Sinfónica de Galicia o día 26 de outubro cun concerto con obras de F. Chopin con Iván Martín como director e solista. Este recital enmárcase en «Quedamos no palco, quedamos coa clásica», unha iniciativa de Afundación para que estudantes poidan desfrutar da música clásica de maneira gratuíta.
A Tempada de Abonos de Clásica está incluída no programa solidario de Afundación «Cultura por alimentos», mediante o cal as persoas que visiten as actividades da Obra Social de ABANCA poden doar alimentos non perecedoiros a xeito de entrada solidaria nos colectores habilitados ao efecto. Esta iniciativa solidaria desenvólvese en cooperación con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e grazas a ela colabórase cos bancos de alimentos locais no labor que desenvolven.
Máis
Hora
26 outubro, 2023 20:00(GMT+02:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra