Detalles do eventos
A Orquesta Clásica de Vigo trae a Vigo as “Sinfonías e Danzas da Corte de Luís XV” no mes de abril daman de Daniel Sanmartín cun concerto
Detalles do eventos
A Orquesta Clásica de Vigo trae a Vigo as “Sinfonías e Danzas da Corte de Luís XV” no mes de abril da
man de Daniel Sanmartín cun concerto de cravo. Será na Concatedral de Santa María de Vigo o vindeiro 11 de abril cando poderemos gozar de UN PASTOR DE CETRO E LIRA: SINFONÍAS E DANZAS DA CORTE DE LUIS XV cun programa que
pretende evocar o dobre universo que marcou a Francia posterior ao Grand Siècle: dun lado, a Arcadia bucólica, cos seus praceres pastorís e danzas idílicas; doutro, o esplendor da corte, reflexo dunha orde xerárquica que exalta a través do simbolismo pastoril a figura dun rei taumaturgo.
Así, a lira, emblema da música e da natureza idealizada, atópase co cetro, símbolo do poder real, nun diálogo sonoro onde o pastoril e o rexio se funden na linguaxe refinada do tardobarroco francés.
PROGRAMA:
Jean-Féry Rebel (1666-1747)
Les Plaisirs champêtres
Mademoiselle Duval (ca. 1718-post 1775)
Les Génies, ou Les caractères de l’Amour, suite para orquestra da opera-ballet
Jean-Philippe Rameau (1683-1764)
Castor et Pollux, suite para orquestra da traxedia lírica
Orquesta Clásica de Vigo
Dirección ao cravo: Daniel Sanmartín Nieto
Sobre Daniel Sanmartín Nieto:
Nado en Pontevedra, Daniel completa as ensinanzas profesionais de música en Percusión e Piano e, no Conservatorio Superior de Música de Vigo, obtén os títulos superiores en Etnomusicoloxía e Musicoloxía Histórica baixo a titoría de Javier Jurado, coas máximas cualificacións e premio extraordinario fin de estudos. No Conservatorio Santa Cecilia de Roma
acada cum laude os diplomas en Disciplinas Históricas, Críticas e Analíticas da Música —baixo a supervisión de Cecilia Campa— e en Cravo e Teclados Históricos —como discípulo de Enrico Baiano—, completando a súa formación cos títulos de Órgano e Composición Organística, baixo a guía de Alberto Pavoni, e Dirección, da man de Maurizio Ciampi. No ámbito académico, colaborou como relator con entidades como a Pontificia Universidade Lateranense, o Conservatorio de Roma, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, a Fundación G. P. da Palestrina ou a asociación Nuova Consonanza. Así mesmo, ten desempeñado diversas funcións editoriais en máis de trinta publicacións de carácter musical e musicolóxico. Cun interese artístico que se estende da música antiga ata a creación contemporánea interdisciplinar, ten ofrecido
concertos como solista ao cravo, fortepiano e órgano en institucións como o Museo Nacional de Instrumentos Musicais de Roma, a sala académica do conservatorio da mesma cidade, a Fundación Varrone de Rieti, o Festival Internacional de Percusión de Almería, o festival Un organo per Roma e o festival Híbridas de Santa Clara en Pontevedra —co acompañamento da Orquestra Clásica de Vigo—.
Colaborador habitual da Clásica, exerce como vicedirector artístico do festival organístico 8pés
desde a súa primeira edición, do ano 2021.
De balde, previa reserva en: https://www.enterticket.es/eventos/un-pastor-de-cetro-e-lira-
sinfonias-e-danzas-da-corte-de-luis-xv-625907
Hora
11 abril, 2026 20:30(GMT+02:00)
Localización
Concatedral de Santa María
Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra



