Orquesta Clásica de Vigo: 'Canto de emigración'
Detalles do eventos
A Orquesta Clásica de Vigo presentou o programa de Escoitas, título da nova temporada 2022-2023. O obxectivo da orquestra coa nova tempada é ofrecer cinco escoitas coas que
Detalles do eventos
A Orquesta Clásica de Vigo presentou o programa de Escoitas, título da nova temporada 2022-2023.
O obxectivo da orquestra coa nova tempada é ofrecer cinco escoitas coas que reivindicar o teatro como punto de encontro necesario para que o público descubra a diferenza de escoitar unha interpretación en directo. Coas Escoitas, o público fará unha viaxe por diferentes sonoridades. Desde Elgar, un concerto do sinfonismo do cambio do XIX e XX, pasando polo Concerto de Nadal que busca elevar a música tradicional á categoría de vangarda, polo minimalismo de Glass, a esencia galeguista dos anos 30 coa evocación do filme Canto de emigración de Pepe Coira e, finalmente, pola paixón e patetismo do concerto para piano de Chaikovski.
ELGAR
22/10/22 | 20:30h | Teatro Afundación de Vigo
Solista: Guillermo Pastrana
CONCERTO EXTRAORDINARIO DE NADAL
29/12/22 | 20:30h | Teatro Afundación de Vigo
GLASS
04/02/23 | 20:30h | Teatro Afundación de Vigo
CANTO DE EMIGRACIÓN (película con música en directo)
26/03/23 | 20:30h | Teatro Afundación de Vigo
CHAIKOVSKI
06/05/23 | 20:30h | Teatro Afundación de Vigo
Solista: Giuseppe Andaloro
As entradas o concerto de Elgar xa están á venda en Ataquilla.com. Co fin de promover a asistencia de todos os públicos, a Clásica decidiu reducir os prezos. Para este concerto, as entradas custan desde 5 euros a 14 euros segundo a butaca. As entradas na billeteira antes do evento custarán 5 euros para menores de 30 anos.
Tamén teñen abonos para toda a tempada con descontos para menores de 30. Formulario para solicitalo aquí.
Máis
Hora
(Mércores) 20:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Mes actualabril
Séguenos nas redes