xuño, 2019

21xuñ20:30Día Europeo da Música: Orquesta Clásica de VigoCONCERTO | De balde20:30 Casco Vello

Máis

Detalles do evento

Un ano máis, a Orquesta Clásica de Vigo volta ao Casco Vello de Vigo para celebrar do Día Europeo da Música 2019, nunha cita coa música sinfónica.

O 21 de xuño celébrase o Día Europeo da Música, unha data moi especial para compartir a paixón pola música nun formato en aberto á cidadanía.

Este ano a orquestra cambia de ubicación e baixan á praza que se forma no Casco Vello na intersección da Rúa Real coa Travesía da esperanza, á altura do número 24 e do Rexistro da Propiedade. Con este cambio queren explorar novos espazos para a música no Casco Vello.

Cando: 21 de xuño ás 20:30
Onde: Rúa Real coa Travesía da esperanza, á altura do número 24 e do Rexistro da Propiedade.
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Orquesta Clásica de Vigo

Hora

(Venres) 20:30

Lugar

Casco Vello

Casco Vello, 36202 Vigo, Pontevedra

X