REVISTA ABRIL

Orisel Gaspar e Pedro Román

21abr(abr 21)20:30Orisel Gaspar e Pedro RománCONCERTOS | Desde 8,00€20:30(GMT+02:00) Café Uf

Detalles do eventos

O concerto Paren o tren, en linguaxe de teatrova e protagonizado por Orisel Gaspar e Pedro Román volve ao histórico escenario do Café Uf Negra Sombra, o venres 21 de abril ás 20:30 h.

Un repaso de sentimentos e experiencias, cancións de ambos os artistas que dialogan, pregúntanse e contéstanse unhas a outras; voces que desde a esperanza, o amor, a dor, a alegría, o sarcasmo, a honestidade, falan dun tempo xa vivido e deste que lles toca vivir.

Un percorrido emocional, afectivo, unha proximidade cómplice co espectador. Mestizaxe, unha mirada persoal e crítica, fusión de poemas e música acústica de cantautor, un encontro íntimo entre pinceladas de teatro, danza teatro, trova e poesía. Relatos de vida enmarcados en espazos de amor e desamor, desarraigamento, avatares de migración, historia e identidade, en espazos de sátira e caricatura que convidan á crítica social. Unha andaina existencial e social que aborda ademais o tema da desvinculación do ser humano co natural, do excesivo uso das máquinas.

Unha harmoniosa vinculación entre a música e os recursos escénicos, un método de representación cimentado na sinxeleza e precisión dos elementos, coa interpretación cargada dun potente compoñente emocional dunha actriz que domina as táboas e un músico a quen calou moi fondo desde moi novo, a profundidade de cantautores como Paco Ibáñez, Atahualpa Yupanqui e Violeta Parra, entre outros.

Máis

Hora

21 (Venres) 20:30(GMT+02:00)

Localización

Café Uf

Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events