|
XOVES 15 AS 21:00 HRS – FOLIADA “UNHA VOLTA POLO MEDIO“: Unha volta polo medio é un encontro de músicas de raíz con diversos e recoñecidos músicos, que farannos disfrutar cunha foliada.
VENRES 16 AS 21:00 HRS- MANU DÍAZ TRÍO: Manu Díaz Trío é unha banda de jazz formada por Manu Díaz á guitarra, Berto Rial ó contrabaixo e, para esta ocasión, Luis Vivas á batería. O repertorio que van a presentar é moi enérxico e moi heteroxéneo, dende Standards de jazz, a versións de grupos doutros estilos musicais con arranxos orixinais e composicións propias.
SÁBADO 17 AS 21:00 HRS – ORDET: O adxectivo que mellor define a Ordet é o de Sound Art. A súa proposta é arriscada tanto no que se refire a composicións musicais como ás súas letras. Música experimental baseada nunha concepción ecléctica da composición e a improvisación.
|
|