RevistaXuño23

05mai20:00'Órbita' de Lara do ArACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 20:00 A Morada

'Órbita' de Lara do Ar

Na próxima lúa chea estreamos o libro de poemas Órbita de Lara do Ar .

Presentado por Silvia Penas Silvia Penas Estévez , achegaranos o seu universo, recitado ao vivo en ritmo sincopado e libre, musical e directamente.

Lara é tradutora, intérprete e profesora universitaria, e como poeta formou parte das Arroutadas poéticas alá nos comezos do século. Logo combateu a hostia en verso e, entre slam e regueifa, deixou escrita algunha presada de versos soltos en distintas publicacións.

”Órbita” é o seu primeiro libro de poemas, que saíu do prelo de Xerais xusto antes de que todo parase e vén á Morada agora que todo volve empezar.

O venres 5 ás 20:00 h en A Morada. Entrada libre.

Máis

Hora

(Venres) 20:00

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

X