'Ons' de Alfonso Zarauza + coloquio
Detalles do eventos
O último filme do director santiagués Alfonso Zarauza, protagonizado por Melania Cruz e o vigués Antonio Durán ‘Morris’, tamén poderá verse no Cine Salesianos, ademais de nos centros
Detalles do eventos
O último filme do director santiagués Alfonso Zarauza, protagonizado por Melania Cruz e o vigués Antonio Durán ‘Morris’, tamén poderá verse no Cine Salesianos, ademais de nos centros comerciais de Gran Vía e Travesía. Estará a fin de semana cos seguintes horarios:
Venres 8: 18:00h e 20:30h
Sábado 9: 18:00h e 20:30h
Domingo 10: 17:30h e 20:00h
A sesión do domingo 10 ás 20:00 será presentada polo director da película (Alfonso Zarauza) e haberá un coloquio ao finalizar a proxección.
O filme sitúanos na illa de Ons. Onde, tras unha profunda depresión pola morte do seu amante nun accidente de coche, o doutor Vicente (Antonio Durán, Morris) chega xunto á súa esposa Mariña (Melania Cruz), co obxectivo de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio. A vida na solitaria illa séntalle ben a Vicente, que lle pide á súa muller prolongar a súa estancia e pasar o outono. Cada día vaise sentindo mellor, ata que tras un naufraxio no medio dun temporal, unha misteriosa e amnésica muller aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento xa nada volverá ser o que era.
Sinala o director que “quería facer unha película que falase da necesidade e a escaseza. Neste caso da necesidade de amor, de seguridade emocional, de maternidade e de desexo, pero tamén da escaseza de todo iso”. Zarauza consegue falar de todos estes aspectos combinándoo cunha trama de misterio que fai que en ningún momento decaia o interese do espectador. Consegue algo aínda máis difícil, que saiamos da sala de proxección e levemos o filme con nós para casa.
Máis
Hora
10 xaneiro, 2021 20:00(GMT-11:00)
Localización
Teatro Salesianos
Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes