decembro, 2018

14dec(dec 14)10:0017feb(feb 17)20:00'Ondas do mar de Galicia' de Ricardo GrobasEXPOSICIÓN | De balde(decembro 14) 10:00 - (febreiro 17) 20:00 Museo do Mar

Máis

Detalles do evento

O fotógrafo Ricardo Grobas expón dende mañá ata o vindeiro día 17 de febreiro de 2019 no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, unha colección de fotografías de temática mariña, tomadas en diferentes lugares do litoral galego. A mostra, titulada “Ondas do mar de Galicia. Faros e paisaxes mariñas”, será inaugurada mañá, venres, día 14 de decembro, ás 19.30 h, polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González.

“Ondas do mar de Galicia” consta de 51 fotografías de gran formato realizadas nos últimos anos nalgúns dos enclaves máis espectaculares da costa galega. Deste xeito, a mostra convida a realizar unha fascinante viaxe polos 1.500 quilómetros do litoral de Galicia, dende a desembocadura do Miño, na Guarda, ata a costa cantábrica da Praia das Catedrais, contemplando a prodixiosa beleza das rías, praias, ensenadas e cantís, e admirando a forza da natureza representada en imaxes de temporales en diversos puntos. As imaxes desta mostra, tomadas en condicións climáticas e de luz natural moi diferentes, destacan pola forza que caracteriza outros traballos de Ricardo Grobas, levado pola súa obstinación e paixón polo mar. É o caso das que dedica ao mar embravecido fronte ao faro de Cabo Home ou fronte á Torre de Hércules.

HORARIO:
Luns – pechado
Martes a venres de 10-14 e de 17 a 19
Sábados, domingos e festivos de 11-14 e de 17-20

Hora

Decembro 14 (Venres) 10:00 - Febreiro 17 (Domingo) 20:00

Lugar

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

X