REVISTA ABRIL

Ombra de Lúa

04xan21:30Ombra de LúaCONCERTOS | -21:30(GMT+01:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

‘Ombra de Lúa’ é un proxecto liderado por Jordi Gaspar (baixo) e Rubén Fernández (voz), dous intérpretes cunha relevante traxectoria no mundo do jazz en España. Con este disco poñen unha semente máis nos seus camiños e desenvolven música e letras orixinais onde exploran o jazz desde un punto de vista lírico e intimista. Grazas ao concepto da formación a cuarteto con outros dous grandes intérpretes, Xosé Miguélez (saxo) e Max Gómez (batería), conseguen que esa mesma música gañe un compoñente fortemente rítmico e dinámico, á vez que orixinal no que se refire ao concepto de cuarteto sen piano ou guitarra. A formación pois, con voz, saxo, baixo e batería convértese nun fluxo de comunicación constante que leva á música a lugares dunha intensidade e enerxía que poderían lembrar aos trazos do experimental John Zorn, e outros plácidos e melancólicos que poderían parecer pinceladas do minimalista Erik Satie.
Así pois, a formación entra a gravar disco a finais de 2019 e nese momento tamén os convidan a tocar ao IV Festival Armenteira Jazz. Non é ata Febreiro de 2020 que sacan o disco gravado e producido nos estudos de José Trincado “Triki”. Lamentablemente todo sucede no momento de estalido da pandemia do covid, o cal lles imposibilita para poder presentar a formación en directo durante case un ano.
Actualmente volven estar en activo, pasando polo XV Nigrán Jazz Festival e 31è Jazz Granollers Festival para seguir explorando os trazos e pinceladas dunha música en constante evolución.

Mércores 4 ás 21:30

Máis

Hora

(Mércores) 21:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events