Olivier Martin

10xuñ21:00Olivier MartinCONCERTOS | 10,00€21:00(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Olivier Martin é un cantautor australiano-español de 23 anos que combina a lírica íntima cun toque indie folk-pop, aínda que é a súa maxia e sensibilidade cantando e tocando a guitarra o que chega directo ao corazón de quen o escoita. “É o sentimento o que realmente importa. Trátase de conectar con algo interior que é universal”, reflicte o artista. E é que as súas cancións son inexplicablemente conmovedoras: a súa voz é capaz de recrear unha atmosfera pacífica, sosegada, ao mesmo tempo que impoñente. Coa súa primeira publicación ( Going Back to Australia, 2015), Olivier estreou a súa música en salas tanto de España como na súa cidade natal, Melbourne. Desde 2018, desenvólvese na vida de Olivier un camiño creativo enfocado na composición e no coñecemento de si mesmo. Desta viaxe íntima nace o último traballo, no que voz e guitarra converxen sen necesidade de artificios.

Máis

Hora

(Venres) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events