Detalles do eventos
O venres día 6 chegou aos cines Sirat, o último filme do director galego Óliver Laxe. O filme vén avalado polo Festival de Cannes, o
Detalles do eventos
O venres día 6 chegou aos cines Sirat, o último filme do director galego Óliver Laxe. O filme vén avalado polo Festival de Cannes, o máis prestixioso do mundo, onde conseguiu o Premio Especial do Xurado. O mércores 11 de xuño os Multicines Norte fan un pase especial da película s 18:20 h ao contar coa presenza do propio Laxe que participará nun coloquios cos asistentes. As entradas para este pase especial xa se poden mercar na páxina web dos cines vigueses.
Sirat conta a historia dun adulto, acompañado polo seu fillo pequeno e un can, adéntranse nunha rave en medio do deserto marroquí en busca da filla maior, fuxida hai varios meses. Nin pai nin fillo (nin o can) parecen encaixar moito no ambiente: a música tecno fai vibrar o peito de centos de persoas que bailan libres e visten de xeito desprexuizado. A procura non resulta fructífera, pero descobren que ao sur do país vai celebrarse outra destas festas en poucos días e deciden seguir a un grupo de raveiros a este novo destino. Podedes ler a nosa recesión sobre a peli nesta ligazón.
Hora
11 xuño, 2025 18:20(GMT+02:00)
Localización
Multicines Norte
Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

